Parque eólico do Iribio: Quercus Eolicus

Parque_eolico_Carnota

Quercus Eolicus

Espécie autóctona galega, de caracter robusto, porte maxestuoso, que pode superar unha altura de 150 metros. Presenta un tronco recto e oco de cor braca, unha dura cortiza, e unha única folla verticilada composta normalmente por tres foliolos, tamen de cor branca. Presenta longas raices subterráneas que buscan subestacións ou liñas de alta tensión. Nunca florece, sendo un auténtico mistério a forma de reproducción desta curiosa árbore xigante.

Prospera nos máis valiosos hábitats galegos, independentemente da altitude. Ainda que busca os cumios de fermosas montañas, tamén se reproduce á beira do mar, ou en calquera lugar venteado. Presenta unha grande capacidade de adaptación a un medio caciquil e unha excelente capacidade reproductiva, polo que aspira a desprazar ao mesmísimo eucalipto, a outra espécie xenuinamente galega. Ao igual que o eucalipto, as suas agrupacións (denominadas comunmente parques aólicos) son consideradas por moitos estudiosos unha praga, ainda que os seus defensores ven nela o progreso e o futuro de Galiza.

Os mellores exemplares poden-se atopar nas paisaxes galegas mais belas, pasando a ser un elemento identatário da nosa cultura e un símbolo do profundo amor e respeto ao noso país. Por este motivo a Xunta, fomenta enérxicamente a reforestación con esta espécie nos espazos protexidos da Rede Natura, xa sexan os Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), Zonas de Especial Protección para Aves (ZEPA), Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais ou calquera outro espazo natural digno de protexer. Actualmente hai proxectados 150 novos parques aólicos aprovados ou en fase de aprovación de aqui ao 2010.

Esta espécie realmente é foránea, non obstante é considerada unha especie autóctona atendendo as peculiaridades das suas agrupacións que presenta no noso território, únicas en todo o mundo, tanto pola súa localización como polo número de exemplares. Foi introducida na Galiza e adaptada á forma galega de facer as cousas polo governo do ilustre Manuel Fraga Iribarne, ora ben, o mérito da difusión e da política de reforestación actual non se lle debe quitar a don Fernando Blanco, quen en só 3 anos vai camiño de superar ampliamente aos seus antecesores.

Pero agora chega de novo o partido de Alberto Núñez Feijóo despois de anos na oposición onde lle instaban a Touriño que explicase se era “razoábel que o 43% das adxudicacións (de plantación de Quercus Eólicus) se sitúen en zonas de protección, como a Rede Natura”.

Agora que están no governo cal será a sua postura?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s