Adega e a Asociación O Iribio rexeitan o proxecto dun parque eólico en Triacastela e Samos

O colectivo ecoloxista Adega e a Asociación Sociocultural O Iribio criticaron a aprobación definitiva por parte da Xunta do proxecto sectorial do parque eólico de Serra do Iribio, nos concellos lucenses de Triacastela e Samos, dentro do Lugar de Importancia Comunitaria Ancares-Courel.

Segundo Adega, este feito responde o sometemento da Xunta aos intereses do negocio eléctrico na Serra do Iribio. De feito, presentaron un recurso de alzada, de modo que Adega reclama que se revise todo o procedemento administrativo seguido para esta tramitación, na que detectan unha celeridade pouco propia deste tipo de casos.

Outro argumento que presentan no recurso refírese a que a declaración de impacto ambiental non ten en conta, adecuadamente, que o parque eólico está situado en Rede Natura, nunha zona que xa ten iniciado os trámites para converterse en parque natural.

Agresión irreversible

Pola súa banda, a asociación socio cultural O Iribio manifestou tamén a súa ”absoluta e rotunda oposición” ao que interpretan como un ”atentado contra a nosa terra e o noso futuro”. Así, consideran que é ”unha agresión irreversíble ao medio ambiente” dada a súa localización en Rede Natura; alegan tamén que é unha ”agresión ao patrimonio material e inmaterial do camiño de Santiago” e tamén ao ”patrimonio arqueolóxico e histórico do Camiño Real”.

Así mesmo, entre as agresións, inclúen outra ao ”desenvolvemento socioeconómico” dos municipios afectados e opinan que o proxecto deste parque é ”un insulto á lexislación e procedementos administrativos, aos veciños” e ”un precedente para novas concesións en espazos protexidos”.

eoliconon200x120


FONTE: http://elprogreso.galiciae.com/nova/35750.html?lang=gl

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s