ASC O Iribio incorpórase á rede GNSV

A nosa asociación ven de integrarse na rede de coletivos Galiza Non Se Vende.GNSV

Galiza Non Se Vende é unha rede de diversos colectivos que se organizan asembleariamente nunha estrutura cinguida ao ámbito territorial galego, na que cada colectivo no seu nome, ten plena autonomía para desenvolver o seu traballo. Mais a rede no seu conxunto, é a auténtica protagonista naquelas convocatorias, opinións ou mobilizacións de caracter nacional, asumindo ademais ese protagonismo en todas aquelas decisións que asembleariamente se decidan.

A RGNSV exercerá presión sobre todos os poderes públicos e promoverá a definición dun modelo económico sustentable, e dun plano de ordenación territorial que contemple e respecte as reivindicacións e os intereses do pobo galego por enriba de calquera interese económico, rexeitando as políticas públicas que poñen os intereses privados por diante do interese público. A luita por unha terra limpa e unha vida digna para tod@s leva aparellada unha aposta decidida contra os dogmas neoliberais causantes da destrución masiva do planeta.

A RGNSV potenciará a sensibilización do pobo galego mediante a información, a mobilización e a denuncia, de cara a formalizar unha base social responsábel e consciente, potenciando a nosa dignidade como pobo e o activo solidario de cada colectivo para afrontar a loita conxunta en defensa dos intereses da terra.

Galiza Non Se Vende é un organismo reivindicativo e mobilizador, e polo tanto non terá nunca a función de pactar ou negociar nada coas administracións públicas, os responsábeis políticos ou as empresas privadas.

Na Rede non poderán estar integrados partidos políticos nin sindicatos, nin organizacións empresariais, nin ningún organismo dependente dos mesmos.

Non se aceptarán colaboracións de grupos empresariais de calquera tipo, nin axudas ou subvencións de organismos públicos.

A defensa da terra implica a defensa da nosa identidade, e polo tanto o galego será a lingua oficial da rede, tanto no seu funcionamento interno (documentos, propostas, etc.) como publicamente. A rede promoverá que todos os colectivos que a integran asuman este principio tamén na súa proxección pública.

O soporte económico da rede basearase única e exclusivamente nas achegas de cada colectivo, cuxa cuantía se decidirá na ANC.

O nome e as siglas Galiza Non Se Vende só se poderán utilizar para actos e convocatorias conxuntas da Rede ou para aquelas que recibiran o apoio expreso desta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s