Unha comisión do ICOMOS visita o Courel e Triacastela

Unha comisión do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios Históricos Artísticos), o consello asesor da UNESCO, visitou  esta fin de semana diversas zonas do Camiño Francés e do Courel, para comprovar «in situ» a degradación e as ameazas que a propia administración promove, como parques eólicos, minaría, liñas de alta tensión, polígonos industriais, etc.

Desde a nosa asociación, informamos a esta comisión en detalle de diversas desfeitas ambientais en curso (canteira de Cementos Cosmos) e outras proxectadas (parque eólico na serra do Iríbio e na Meda), apresentado diversos informes sobre eses asuntos concretos, e outros sobre a situación socioeconómica da zona e as potencialidades que o Camiño de Santiago ten.

Esta comisión, que viña «escandalizada» coa presenza de torres de alta tensión próximas ao Camiño Francés no treito que atravesa a comunidade autónoma de Castela e León, botou as maos á cabeza nada mais entrar na Galiza.

A situación do patrimonio na Galiza, calificada por eles de «surrealista» e «de emerxencia», xunto co feito de teren comprobado como a administración, en vez de protexer, permite e inpulsa a sua destrucción, levou a que modificasen o previsto na sua viaxe para se reuniren con responsáveis da Xunta para denunciar ante eles a situación, e pór no seu coñecemento que de non se correxir a grave situación, eles pedirán á UNESCO que o Camiño Francés sexa declarado «patrimonio da humanidade en perigo» e que se interpoñan sancións.

icomos

Esta visita está a xerar diversas noticias nos medios de comunicación:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/parques/eolicos/Lugo/amenazan/Camino/Frances/elpepuespgal/20110201elpgal_2/Tes
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/02/01/0003_201102S1C5993.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/02/01/0003_201102M1C5993.htm
http://www.xornal.com/artigo/2011/01/31/galicia/unesco-alerta-dun-parque-eolico-atentara-camino-santiago/2011013123545901476.html
http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/el-parque-eolico-de-la-sierra-de-iribio-en-el-punto-de-mira-de-icomos/idEdicion-2011-02-01/idNoticia-635425/
http://mundogaliza.com/index.php?option=com_content&view=article&id=10293:visita-de-icomos-ao-courel&catid=12:sociedade&Itemid=2355

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s