Comunicado de apoio aos compañeiros de Monte Pindo Parque Natural

MPPNweb


Desde a Asociación Socio-Cultural O Iríbio apoiamos totalmente a declarazón de Parque Natural do Monte Pindo e o seu entorno, que reúne características mais que merecidas para tal recoñecimento, tanto polo seu enorme valor natural e paisaxítico, desde a sua topografia até a sua flora e fauna, como polo seu valor antropolóxico e cultural deste monte sacro dos celtas, así como polos importantes restos da nosa história que alí existen.

A privilexiada situazón do Monte Pindo conforma un conxunto extraordinário, ao estaren ao seu pé tanto a fervenza do Ézaro como a praia de Carnota.

Consideramos que a criazón do Parque Natural é o mellor xeito de pór en valor este património, e como tal, esta revalorizazón repercutiría extraordinariamente en positivo na comarca e nos seus habitantes, xerando economía complementar ás actividades tradicionais da zona desde a sustentabilidade, posibilitando un futuro mellor e paralisando a emigrazón para a cidade e a perda de actividades e ofícios tradicionais, e ao mesmo tempo xerando novas posibilidades económicas, coa importáncia de posibilitar a revitalizazón da zona nestes tempos de crise.

É tamén unha medida urxente e necesária polas constantes ameazas e destruzóns que este entorno sofre, con hidroeléctricas, eólicos, tendidos eléctricos, incéndios, plantazóns alóctonas, apertura de vías inecesárias, urbanismo especulativo, etc.

Corresponde ás autoridades competentes traballar na conservazón e posta en valor do noso património, antepondo o ben colectivo aos intereses particulares, así como atender as demandas dos galegos, polo que consideramos que non se pode continuar a facer ouvidos xordos a deste clamor popular. Esiximos portanto, que a administrazón se poña ao servizo da sociedade e traballe para podermos deixar aos nosos fillos esta magnífica herdanza patrimonial, e para garanti-lo, nada mellor que declar o Monte Pindo como Parque Natural.


Triacastela, 8 de marzo de 2012

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s