Solicitamos inspeción da canteira de Cosmos

Ao Servizo de Enerxía e Minas (Xefatura Territorial)

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria em Lugo

En relación á Concesión de Explotación DON ISIDORO nº6048 de recursos Sección C) sita no concello de Triacastela,

EXPOÑEMOS

PRIMEIRO: Que segundo os nosos estatutos recoñecidos legalmente, no parágrafo a) do Artigo 5º defínense como fins principais da nosa asociación «A defensa e protección do medio ambiente, do patrimio natural e cultural en xeral».

SEGUNDO: Que actuamos dentro do noso ámbito territorial, definido no Artigo 3º dos nosos estatutos legalmente recoñecidos: «A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da província de Lugo.»

TERCEIRO: Que actuamos en representación dos socios do noso colectivo directamente afectados pola Concesión de Explotación DON ISIDORO nº 6048 de recursos en sección C, tanto por seren veciños do concello de Triacastela que sofren directamente os danos e prexuízos que esta actividade mineira ocasiona, como por seren particulares con terrenos expropiábeis pola empresa concesionaria de dita explotación, como por seren usufructuarios de monte de mao común actualmente en conflicto de propiedade con dita empresa.

CUARTO: Que existen indícios de incumprimento dos correspondentes Planos de Labores anuais.

SOLICITAMOS

Que se teña por presentado o presente escrito ante o Departamento Territorial de Lugo do Servizo de Enerxía e Minas da Conselleria de Energia e Industria, que o mesmo sexa admitido a trámite e que, en consideración do anteriormente exposto,

PRIMEIRO: Que se nos recoñeza a nosa condición de INTERESADOS en todo o referente a esta concesión mineira.

SEGUNDO: Que se nos remita copia de todos os PLANOS DE LABORES anuais desde o outorgamento da concesión de explotación.

TERCEIRO: Que desde o Servizo de Enerxía e Minas e desde a Consellería de Economía, Enerxía e Industria se proceda coa INSPECCIÓN da actividade mineira na referida explotación, e se SUPERVISEN e VERIFIQUEN as seguintes cuestións:

  • Que existe totalmente completa a documentación dos Planos de Labores anuais, presentada en tempo e forma, debidamente cumprimentada, e que se axusta totalmente á normativa que lle é de aplicación.
  •  Que o titular ou explotador presentou – tal como é a sua obrigación – conxuntamente co Plano de Labores anual a actualización das garantías depositadas para asegurar a restauración do espazo natural afectado, tendo en conta a superfície afectada, prevista afectar, e restaurada, que conforme ao artigo 42.3 do R.D. 975/2009, de 12 de xuño, se comprobará que ditas garantías son suficientes.
  •  Que existe concordancia entre os volumes arrancados mediante voaduras e os que figuran no Plano de Labores Anual.
  •  Que os traballos executados están conformes co Proxecto de Explotación e as disposicións do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira e as Instruccións Técnicas Complementarias aplicábeis ao tipo de labores.
  •  Que a explotación está cumprindo co seu Plano de Restauración da explotación, o Programa de Vixilancia Ambiental e as prescripcións e medidas correctoras da Declaración de Impacto Ambiental.
  •  Que a actualización ou revisión do Documento sobre Seguridade e Saúde se ten realizado segundo a Orde ITC/101/2006, pola que se regula o contido mínimo e estructura do documento sobre Seguridade e Saúde para a Industria Extractiva.
  •  Así mesmo, a comprobación de que este último documento inclui o Plano para Control da exposición ao pó, segudo ITC 2.0.02, que a composición do equipo redactor está dacordo coa Orde ITC/101/2006, que os documentos que o integran están suscritos polas persoas responsábeis da sua elaboración, e que a planificación da actividade preventiva inclui prazos para levar a cabo as actividades, designación de responsábeis e os recursos humanos e materiais necesarios para a sua execución.
  •  Que a maquinaria e instalacións dispoñen das correspondentes autorizacións de posta en servizo e están inscritas no rexistro de actividades e establecimentos industriais, así como que se realizan as revisións e/ou inspeccións periódicas que establece a normativa sobre seguridade industrial que é de aplicación.
  •  Que existe un contrato de mantemento da instalación eléctria en Baixa Tensión con un instalador autorizado en vigor e inspección periódica da instalación eléctrica en Baixa Tensión, emitido polo Organismo de Control autorizado (ITC-BT 05).
  •  Que existe Proxecto de Voaduras con Explosivos, suscrito polo Director Facultativo da explotación e visado polo Colexio Oficial correspondente.

CUARTO: Que en caso de existir incumprimento da normativa e das obrigacións, se proceda coa apertura do expediente sancionador correspondente.

Triacastela, 15 de maio de 2012

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s