Solicitamos ao departamento de Minas a anulación da concesión de Cosmos en Triacastela

En relación a resolución, con data de 26 de xuño de 2008, do expediente nº 6043 correspondente á solicitude de reclasificación de explotación de recursos da sección A, denominada Monte Penedo número 3, como explotación de recursos da sección C, coa denominación de Don Isidro, abranguendo unha superficie de 12 cuadrículas mineiras, situadas no termo municipal de Triacastela, por parte da sociedade Cementos Cosmos, S.A., con enderezo en r/ Brasil, 56–36204 Vigo (Pontevedra) .

EXPOÑEMOS

PRIMEIRO: Que a reclasificación da autorización de explotación de recursos da sección A para recursos da sección C, da Ley de Minas, esixe o cumprimento dunha serie de trámites, que se non se realizan, poden provocar a declaración de nulidade de dita reclasificación. A explotación dos recursos da sección A) na Lei de Minas está sometida a autorización administrativa, mentras que os propios da sección C) requeren unha concesión para poder ser explotados. A reclasificación dunha autorización en concesión non se pode facer automaticamente, senón que require o cumprimento dos trámites previstos na Lei de Minas e no seu Regulamento.

Asi o manifesta o Tribunal Supremo na sua sentenza STS de 21 de noviembre de 2006 (TOL 1018858), suscitada polo recurso interposto frente a unha nova clasificación, como explotación da sección C), proporcionada por el órgano sectorial correspondiente, a una explotación que viña estando incluida na sección A), e que dictamina: «… este cambio de autorización en concesión no puede realizarse automáticamente, debido a las mayores exigencias que para el otorgamiento de concesiones se establecen en la Ley de Minas y en su Reglamento. Especial consideración debe tener el relativo a la superficie de los terrenos explotados, pues a diferencia de las autorizaciones, las concesiones de explotación se otorgarán, según el artículo 76.1 de la Ley de Minas, sobre una extensión determinada y concreta, medida en cuadrículas mineras agrupadas sin solución de continuidad. Es decir, frente a una superficie irregular que pueden presentar los terrenos sobre los que recae una autorización, la concesión recae sobre superficies delimitadas en forma rectilínea, lo que supone normalmente cambios en su extensión territorial, y como el otorgamiento de la concesión confiere a su titular el derecho al aprovechamiento de los recursos de la sección C) que se encuentren dentro de su perímetro —artículo 62.2 de la LM—, al cambiar con la reclasificación esa superficie, el exceso supone una novación respecto a la situación anterior, por lo que deberá otorgarse como si de una nueva concesión se tratara. No habiéndose demostrado la coincidencia total de las superficies de la anterior autorización y la nueva concesión, ha de estarse a la conclusión a la que llega la sentencia de instancia, pues al margen de sus consideraciones en torno al nombre que tanto en la solicitud como en la resolución se haya dado al procedimiento seguido, lo cierto es que éste no podía ser otro que el de la concesión directa, lo que requiere el cumplimiento de los trámites previstos en la Ley de Minas y su Reglamento».

Tamén o manifesta o Tribunal Supremo na sua sentenza STS de 27 de febrero de 2007, Ar. 910, onde dito Tribunal Supremo considera que unha autorización da sección A non otorga un dereito adquirido, xa que o título requerido para a explotación dos recursos da sección C é un título administrativo diferente. Pásase dunha autorización a unha concesión, sen que o primeiro, a autorización, presupoña necesariamente a obtención do segundo, a concesión. O novo título, a concesión, debe acomodarse á nova realidade xurídica e ao procedemento previsto pola Lei de Minas e o seu Regulamento para a obtención de dito título.

Finalmente, o Real Decreto 107/1995, citado en varias ocasións no expediente, establece os criterios de valoración para configurar a sección A) da Lei de minas, regulando que xacementos minerais e recursos xeolócicos e en que cirscunstancias se considerarán da sección A), pero en ningún casos establece que as explotacións mineiras da sección A) que non cumpran os requisitos automaticamente pasen a ser da sección C), como parece interpretarse neste expediente de reclasificación. Dita reclasificación deberá axustarse ao procedemento e tramitación definida pola lexislación mineira para os recursos da sección C) e axustandose tamém ao resto da lexislación correspondente.

SEGUNDO: Que o citado expediente de reclasificación se ten que axustar á lexislacion vixente durante o seu proceso de tramitación, tanto do ámbito da minaria, como toda a demais que así corresponda. Segundo se recolle na propia documentación do expediente, correspondende neste caso a seguinte lexislación:

  • Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats)
  • Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de junio, de Avaliación de Impacto Ambiental
  • Real Decreto 1131/1988, de 30 de septiembre, polo que se aproba el Regulamento para la execución do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de junio, de Avaliación de Impacto Ambiental
  • Lei 22/1973, de 21 de julio (Lei de Minas)
  • Real Decreto 1116/1984, de 9 de maio, sobre restauración do espacio natural
    Orden de 16 de abril de 1990 por la que se aprueban las instrucciones técnicas complementarias del capítulo VII del Reglamento General de Normas Básicas de Seguridad Minera.
  • Real Decreto Legislativo 1/2001, de 20 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Aguas.
  • Decreto 442/1990, de 13 setembro LG 1990\217 de Avaliacion de impacto ambiental para Galiza.

Asi mesmo, durante o proceso de tramitación deste expediente, iniciado en 29 de Agosto de 2005 e ditaminada resolución en 26 de xuño de 2008, tamén se debería ter axustado tamén, cando menos, a esta esta outra lexislación:

  • Real Decreto 2857/1978, de 25 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento General para el Régimen de la Minería. (modificado con Real Decreto 1798/2010, de 30 de diciembre)
  • Decreto 2414/1961, de 30 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas, derogado pola Lei 34/2007 de Calidad del Aire y Protección de la Atmósfera, pero que «mantendrá su vigencia en aquellas comunidades y ciudades autónomas que no tengan normativa aprobada en la materia, en tanto no se dicte dicha normativa.»
  • Lei 3/2008, do 23 de maio, de Ordenación da Minaría de Galicia
  • Lei 15/2004 de 29 de diciembre de Modificacion da Lei 9/2002, Do 30 De Decembro, De Ordenacion Urbanistica E Proteccion Do Medio Rural De Galicia
  • Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común

TERCEIRO: Que coa resolución ao expediente nº 6043 correspondente á solicitude de reclasificación de explotación de recursos da sección A), denominada Monte Penedo número 3, como explotación de recursos da sección C), coa denominación de Don Isidro ditada en 26 de xuño de 2008, a empresa Cementos Cosmos SA está obendo a conscesión mineira en recursos da sección C) formalizada co título de concesión de explotación emitido en 12 de setembro de 2008.

Dita concesión debe axustarse en todo momento direito, e nomeadamente á lexislación e procedimentos definidos na Lei 22/1973, de 21 de julio (Lei de Minas) e no Real Decreto 2857/1978, de 25 de agosto, do Regulamento Xeral para o Régimen da Minaría, polo que o estatus, permisos, direitos e autorizacións previos a tal concesión non poden eximir a esta empresa de cumprir esta Lei e este Regulamento.

Entre os requisitos que esta lexislación esixe para a obtención dun título de concesión de explotación figura a necesidade do concurso público, cuxas condicións, prazos e requisitos se establecen no Regulamento da Lei de Minas. Evadir este trámite, amais dunha ilegalidade, tamén supón un trato de favor para esta empresa, impedindo a entrada de outras ofertas nese necesario concurso público para a concesión mineira.

O procedimento de tramitación desta concesión está viciado de inicio, polo que é nulo de pleno direito.

CUARTO: Que o outorgamento de concesión mineira non exime do sometimento a outra lexislacion, procedementos e controis administrativos, pois dita concesión concorre con outros controis administrativos, prévios, simultáneos, paralelos ou sucesivos, chamados en conxunto a dotar de cobertura á actividade do concesionario.

Xunto coa obtención da concesión, o titular debe cumprir coa á normativa comunitaria, estatal, autonómica e municipal e condicións e procedimentos esixibles conforme a elas, tanto no medioambiental como no urbanístico, como na protección do patrimonio arqueolóxico e cultural, así como outras normativas e regulamentos menores e obter as correspondentes licenzas e autorizacións.
Sobre esta cuestión non existe xa hoxe ningunha dúbida na concurrencia deste tipo de autorizacións e licenzas coa concesión para lexitimar de consuno a explotación dos recursos mineiros porque claramente así o afirma a xurispundencia, pois o Tribual Supremo na sua sentenza STS de 16 de marzo de 2000 (TOL 38.659) resolve contundentemente esta cuestión e nela faise unha relación de numerosos pronunciamentos xurisprudenciais que asi o manifestan, co que queda definitivamente desautorizada a idea de que as peculiaridades da producción mineira deben garantir un ámbito de acutancion sectorial frente a outras instancias administrativas.

QUINTO: Que a tramitación deste expediente non se axusta en forma á legalidade, sendo por tanto anulable ao incumprir a Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común , en duas cuestións:
A) Os alegantes no referido expediente nunca recibiron resposta ás suas alegacións, violándose os direitos dos alegantes e incumprindo o artigo 86.3 da citada lei: «quienes presenten alegaciones u observaciones en este trámite tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada».

B) A resolución do 26 de xuño de 2008 coa que se outorga a solicitada reclasificación de recursos, nunca foi publicada en ningún boletín oficial (BOE, DOGA, BOP) nen exposta a información pública en ningún lugar, nen nunca foi notificada aos colectivos que presentaron alegacións, permanecendo portanto totalmente oculta para os cidadaos, tanto o público en xeral como os interesados directos e os alegantes, e impedindo así a interposición de recursos que a propia resolución contempla: «Contra esta resolución procederá interporse recurso contencioso-administrativo no TSXG no prazo de 2 meses a contar desde o dia seguinte ao da notificación da presente resolución segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998 do Procedemento Contencioso-administrativo ou recurso potestativo de reposición no prazo dun més segundo o artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común»

O incumprimento do procedimento administrativo contén o agravante de existindo contestación social e cidadaos directamente afectados disconformes con dita reclasificación, como así foi manifestado nas alegacións incorporadas no expediente e en entrevistas co Xefe Territorial de Minas e o Subdirector Xeral de Minas de Lugo; a administración violou conscientemente os seus direitos e provocou con mala fé a indefensión administrativa e xurídica destes afectados.

A ausencia de sometimento a información pública tamén incumpre o artigo 86.1 do Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría: «Terminada la tramitación del expediente, que se someterá a información pública, la Delegación Provincial lo elevará con su informe a la Dirección General de Minas e Industrias de la Construcción, la cual, en el caso de que no se hubiere formulado oposición o haya sido desestimada, previo informe del Instituto Geológico y Minero de España, denegará u otorgará la concesión siguiendo, en este segundo caso, el procedimiento establecido en el artículo 90, punto 2, para el otorgamiento de títulos mineros. Esta resolución se notificará a los interesados y se publicará en el «Boletín Oficial del Estado», enviándose copia de la misma con el expediente a la Delegación Provincial, que ordenará su publicación en el «Boletín Oficial» de la provincia o provincias que resulten afectadas.»

A falta de información pública prevista no artigo 70 do Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría leva necesariamente a anular a resolución da Administración Autonómica de reclasificación da autorización mineira, tal como ditamina o Tribunal Supremo na sentenza STS de 27 de febrero de 2007, Ar. 910

SEXTO: Que as cuadrículas mineiras comprendidas na solicitude de reclasificación no expediente en cuestión, incluen espazos protexidos así delimitados dentro da Rede Natura 2000, a rede de espazos naturais protexidos no ámbito da Unión Europea creada en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres —coñecida como Directiva Hábitats—, co gallo de salvagardar os espazos naturais máis representativos da diversidade de hábitats e especies de Europa.
Segundo o artigo 6 desta diretiva, este expediente de reclasificación de recursos mineiros debe incorporar necesariamente a correspondente Declaración de Impacto Ambiental, e esta Declaración de Impacto Ambiental debe ser tamén sometida a información pública.
Este requisito incumpriuse, polo que o procedemento é nulo de pleno dereito.

Segundo esta Directiva, ainda estando este expediente dentro da excepcionalidade demostrada que entra dentro das «consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente» ou «outras razóns imperiosas de interés público de primeiro orde» precisaria da previa consulta á Comisión Europea, que non existe neste expediente. Esta consulta ten un carácter preceptivo e vinculante, coa finalidade de verificar a excepcionalidade dos supostos de feito que serven para omitir o cumprimento da Directiva.

O incumprimento da obrigación de comunicación á Comisión produce un vicio sustancial, que forma parte do control comunitario en relación coa sua propia normativa, que non se limita ao momento inicial da transposición, senon que persiste e permanece nos momentos posteriores da aplicación da mesma, e así o afirma o Tribunal Supremo na sua sentenza STS de 29 de noviembre de 2006, Ar. 8317/2007.

SÉPTIMO: Que o que se resolve neste expediente é unha concesión de explotación mineira en recursos da sección C), sendo segundo a lexislación de minas o ámbito de dita concesión as cuadrículas mineiras solicitadas, non o anterior perimetro da explotación autorizado en recursos da sección A)
No escenario previo á resolución do expediente, os conceptos xurídicos suxeitos á lexislación son: autorización, perímetro da autorización, e recursos mineiros da sección A). No escenario posterior á resolución do expediente, os conceptos xurídicos suxeitos á lexislación son: concesión, cuadrículas mineiras da concesión, e recursos mineiros da sección C). Non se poden misturar.

No citado expediente, as autoridades de Minas manifestan que a Declaración de Impacto Ambiental que esixe necesariamente o feito de afectaren cuadrículas mineiras a espazos protexidos da Rede Natura, non é necesaria porque eles están dando unha concesión non sobre as cuadrículas (concepto da sección C), senón sobre o perímetro (concepto da sección A). Isto é un absurdo na lexislación de minas, de demarca claramente a difereciación entre eses conceptos e eses ámbitos.

A concesión nesas cuadrículas mineiras dá direitos mineiros e ten cosecuencias, como a Expropiación Forzosa sobre a totalidade dos terreos delimitados por esas cuadrículas mineiras, polo que non existe ningun mecanismo legal que as restrinxa ao perímetro deliminado para a sección A), producíndose novamente un absurdo argumental no texto da resolución.

Dita resolución ainda di que en caso de que a canteira queira ampliar o seu perímetro dentro das cuadrículas mineiras isto «necesitará da correspondente autorización», e para obter esta autorización será necesaria a Declaración de Impacto ambiental. Isto é falso, pois unha vez concedio o título de concesión de explotacion, que foi concedido con data 12 de setembro de 2008, non procede ningunha autorización mineira, pois as autorizacións son para a sección A) e agora Cementos Cosmos está no ámbito dos recursos da sección C) coa necesaria concesión.

É escandaloso que as autoridades «competentes» en Minas demostren tanta inconpetencia e descoñecimento da lexislación e dos procedementos nela regulados, a menos que exista unha vontade manifesta de burla á lexislación e aos afectados.

A Avaliación de Impacto Ambiental é obrigatória por estaren afectadas pola Rede Natura as cuadrículas mineiras, tanto se a empresa concesionaria desenvolve ou non desenvolve a sua actividade extractiva na área delimitada.

A ausencia de Declaración de Impacto Ambiental cando así o esixe a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992 implica a nulidade da resolución.

OITAVO: Que alén da Directiva 85/338 CEE, e polo exposto nos puntos SEGUNDO e CUARTO do presente escrito, polo artigo 2.1 do Regulamento Xeral para o Régimen da Minaría, que di literalmente «El otorgamiento de una autorización, un permiso o una concesión para la exploración, investigación, aprovechamiento o explotación, de yacimientos minerales y recursos geológicos, se entiende sin perjuicio de tercero y no excluye la necesidad de obtener las demás autorizaciones y concesiones que con arreglo a las leyes sean necesarias», polo réxime xurídico contido nos artigos 70 e 85 do citado Regulamento e na Lei de Minas, a concesión a Cementos Cosmos debe axustarse á lexislación urbanística e medioambiental procedente, nomeadamente a Lei 15/2004 de 29 de diciembre de Modificacion da Lei 9/2002, do 30 de Decembro, de Ordenacion Urbanistica e Proteccion do Medio Rural De Galicia (LOUGA), e derivado disto é necesaria a Avaliacion de Impacto Ambiental resultante da aplicación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de junio, de Avaliación de Impacto Ambiental e do Decreto 442/1990, de 13 setembro LG 1990/217 de Avaliacion de impacto ambiental para Galiza.
A concesión mineira abrangue solo rústico especialmente protexido, no cal segundo a lexislación urbanística a actividade mineira non é un uso do solo permitido por licenza municipal do Concello de Triacastela, o cal ademais carece dunha figura de planeamento como o P.X.O.M. Dita autorización urbanística de actividade mineira , correspondente á letra e) do Artigo 33 da LOUGA «Actividades extractivas, incluida a explitación mineira, as canteiras e a extracción de áridos ou terras», é autorizable, pero dita autorización ten un procedemento, definido e regrado no Artigo 41 da LOUGA, que se violou total e absolutamente, tanto por non ter presentado o promotor a sua solicitude no concello acompañada da documentación requerida segundo o apartado a) deste artigo; como por non ter sometido esa solicitude a información pública e disponibilizado a documentación completa para consulta pública segundo o apartado b), como por enviado á conselleria competente en urbanismo as alegacións e informes técnicos municipais segundo o apartado c), como por non ter requerido entón a conselleria competente a documentación necesaria nen ter recabado dos organismos sectoriais correspondentes os informes necesarios para resolver (entre eles a necesaria Declaración de Impacto ambiental) segundo define o apartado d), e finalmente incumprindo o apartado e) do procedemento que di «O Director Xeral competente en materia de urbanismo examinará a adecuación da solicitude á presente Lei e aos instrumentos de ordenación do território e resolverá no prazo de 3 meses, a contar desdea entrada do expediente completo no registro da conselleria competente, concendendo a autorización simplemente ou condicionandoa xustificadamene á introducción de medidas correctoras, ou ben denegandoa motivadamente. Transcurrido dito prazo sen resolución expressa, entenderase denegada a autorización por silencio administrativo.»

Desde o coñecemento da inexistencia de autorización urbanística axustada a dereito e dos graves conflictos lexislativos e incompatibilidades que a actividade mineira conleva, tanto no perímetro de explotación existente como nas cuadrículas mineiras solicitadas, as autoridades competentes en Minas ignoraron estes feitos e resolveron este expediente sen os correspondentes informes sectoriais para fundamentar o sentido da sua resolución e incumprindo os procedimentos establecidos pala lexislación, asi como o seu contido e espírito.

Ningún informe sectorial das autoridades competentes en Urbanismo nem da nas autoridades competentes en Conservación da Natureza foi incorporado ao expediente, por tanto tido en conta para a resolución, polo que a Administración Autonómica resolveu este expediente sen os fundamentos legais necesarios para xustificar o sentido da sua resolución.

NOVENO: Que existe no expediente un informe urbanístico da Técnico Municipal do Concello de Triacastela, a petición de Luís E. López Quiroga en representación de Cementos Cosmos SA onde se pide a certificación de calificación urbanística dos terreos onde se atopa a Canteira MONTE PENEDO.

En dito informe dícese: «A explotación mineira existente atópase en solo rústico, segundo a disposición adicional segunda no seu punto 3, de réxime do solo nos municipios sen planeamento da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural e modificacións 15/2004 e, segundo o establecido na disposición transitoria décimo segunda, para explotacións mineiras existentes, trataríase duna explotación mineira e extractiva de recursos minerais en activo á entrada en vigor da Lei 9/2002 localizada en solo rústico especialmente protexido. Dado que o Concello de Triacasela carece dunha figura de planeamento onde se delimite de modo conciso cada tipo de solo, cabe a consideración de que o ámbito da explotación abrangue varios dipos de solo rústico: RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA, DE PROTECCIÓN DAS AUGAS e DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS (dado que as parroquias de Triacastela e Vilavella se atopan no ámbito de afección da Rede Natura 2000 polo espazo protexido Ancares-Courel). Por todo isto, e segundo o establecido no art. 32.3 da Lei 9/2002 do 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, coas modificacións derivads da Lei 15/2004 do 19 de decembro, cando un terreo, polas suas características, poida corresponder a varias categorias de solo rústico, optarse entre incluílo na categoria que outorgue maior protección ou bem incluílo en varias categorias, cuns réximes que se aplicarán de forma complementariaM no caso de que se producise contradicción entre ditos réximes, prevalecerá a que outorgue maior protección»

Segundo este informe, a concesión mineira en recursos C) non pode ser resolta saltando ese rexime de protección, no cal a minaria é una actividade non permitida.

A existencia deste informe do expediente, demostra que as autoridades competentes en minas tiñan coñecemento do conflicto da actividade extractiva de Cementos Cosmos coa legalidade urbanística, e ainda así ignoraron este feito e continuaron a tramitación sen a petición de documentación acreditativa de que a empresa solicitante se axusta na sua solicitude à legalidade urbanística, nen os correspondentes informes aos organismos competentes en urbanismo. Ou sexa, as autoridades de minas actuaron de mala fé e deron un trato de favor a esta empresa, que obtivo um título de consesión de explotación mineira en recursos C) sen se ter que axustar á legalidade en materia de urbanismo.

DÉCIMO: Que as cuadrículas mineiras solicitadas na reclasificación afectan núcleos de poboación, vias de comunicación, tendidos eléctricos e telefónicos, redes de subministro de auga e cursos de augas públicas.

O impacto sobre eles da concesión de explotación en recursos da sección C) non foi avaliado, nen existen informes sectoriais no expediente que informen da compatibilidade e cumprimento da lexislación nestas afeccións.

A resolución do expediente non solicitou informes sectoriais sabendo que a solicitude de Cementos Cosmos entra en conflicto con eses núcleos de poboación, infraestructuras e bens publicos, e novamente a sua resolución non foi debidamente fundamentada.

Este feito ten o agravante que tal conflicto foi exposto en diversas alegacións incorporadas ao expediente, que foron sistematicamente ignoradas.

UNDÉCIMO: Que as cuadrículas mineiras solicitadas na clasificiación afectan o importante xacemento arqueolóxico da Cova de Eirós, entrando en conflicto a actividade mineira coa conservación deste patrimonio, o cal se ve seriamente afectado e até existe o perigo da sua desaparición.

Os estudos de impactos sobre este patrimonio non existen por non existir no expediente nen a Avaliación de Impacto Ambiental nen calquera outro estudo de como a actividade de Cementos Cosmos pode afectalo, nen informes sobre este asunto desde a Dirección Xeral de Patrimonio.

Por tanto, a Dirección Xeral de Minas emitiu unha resolución desprezando por completo este patrimonio e coa sua irresponsabilidade pode dar lugar á sua desctrucción irreversíble, o cal supon un feito de extrema gravidade.

É obrigación da Administración Autonómica estudar, coñecer e confrontar os datos sobre o terreo no que se solicitou a reclasificación, así como pedir os informes necesarios.

Este xacemento arqueolóxico estaba inventariado pola Dirección Xeral de Patrimonio, e en 1990 unha equipa de paleontólogos iniciou unha campaña de excavacións na Cova de Eirós, presentado os resultados dos mesmos en 1993.

En 1993 unha equipa de arqueólogos no Proxecto arqueolóxico Val do Sarria – Val do Mao, financiados polas axudas para proxectos de excavación e consolidación en xacementos arqueolóxicos convocadas pola orde do 31 de xaneiro de 1992 (D.O.G. nº 36 do 21 de febreiro de 1992) practicaron na entrada da cova unha cata de 1m por 1,5m de profundidade, con vistas á valoración dos posibles niveis arqueolóxicos ou paleontóloxicos. Comprobouse a existencia de 5 niveis arqueolóxicos, o último dos cales non chegou a ser excavado na sua totalidade. Exhumarase diverso material cerámico, óseo, e sobre todo lítico, no que destacavan as ferramenteas sobre lámina e sobre lasca en cuarzo. Dita equipa contaba co coñecimento, permiso e financiación da Administración Autonómica.

Desde este ano, os resultados e estudos derivados desa excavación saltaron aos medios de comunicación, xerando muitas noticias ao respeito. En sucesivos anos continuaron novas excavacións e constantes publicacións de datos ao respecto na prensa.

Así mesmo, o xacemento arqueolóxico da Cova de Eirós estaba debidamente recoñecido e inventariado pola Dirección Xeral de Patrimonio e as autoridades competentes en materia de patrimonio histórico.

Ignorar estes feitos e resolver a concesión en recursos C) sen ningunha restricción nen medida correctora en defensa dese patrimonio só pode ser resultado de mala fé e absoluto desprezo ao patrimonio arqueolóxico por parte Admistración.

DUODÉCIMO: Que as cuadrículas mineiras solicitadas na clasificiación afectan o patrimonio cultural do Camiño de Santiago, declarado Ben de Interese Cultural (desde 1962), Primeiro Itinerario Cultural Europeo (desde 1987) e Patrimonio Cultural da Humanidade (desde 1993), cuxa área de protección que durante a tramitación deste expediente comprendia as parroquias polas que transcurría, entre elas as de Vilavella e Lamas, polo cal afecta directamente a esas cuadrículas mineiras.

No expediente foron presenadas alegacións informando deste feito, e solicitando estudos de impacto visual sobre este ben e esixindo a Avaliación de Impacto Ambiental como requisito necesario para resolver o expediente.

Estas alegacións non foron atendidas, nen a Dirección Xeral de Minas solicitou eses estudos nen informes e autorizacións á Dirección Xeral de Patrimonio, incumprindo os procedementos e a lexislación, e novamente manifestando o seu desprezo ao patrimonio e a mala fé nas suas accións.

Novamente, segundo o exposto no punto CUARTO do presente escrito, no artigo 2.1 do Regulamento Xeral para o Régimen da Minaría, que di literalmente «El otorgamiento de una autorización, un permiso o una concesión para la exploración, investigación, aprovechamiento o explotación, de yacimientos minerales y recursos geológicos, se entiende sin perjuicio de tercero y no excluye la necesidad de obtener las demás autorizaciones y concesiones que con arreglo a las leyes sean necesarias», e polo réxime xurídico contido nos artigos 70 e 85 do citado Regulamento e na Lei de Minas, a concesión a Cementos Cosmos debe axustarse á lexislación de conservación do patrimonio procendente e aos procedementos que a lexislación defina.
Non telo feito implica a anulabilidade da resolución deste expediente.

DÉCIMO TERCEIRO: Que o Real Decreto 975/2009, de 12 de junio, sobre gestión de los residuos de las industrias extractivas y de protección y rehabilitación del espacio afectado por actividades mineras, di no seu artigo 4.1 «Con carácter previo al otorgamiento de una autorización, permiso o concesión regulada por la Ley 22/1973, de 21 de julio, de Minas, el solicitante deberá presentar ante la autoridad competente en minería un plan de restauración del espacio natural afectado por las labores mineras cuyo contenido se ajustará a lo establecido en el presente real decreto, teniendo en cuenta los aspectos propios de su actividad que puedan tener efectos negativos sobre el medio ambiente o la salud de las personas. Dicho plan deberá acompañar a la documentación correspondiente a la solicitud de autorización, permiso o concesión.»

Non obstante, neste Real Decreto tamén se define a documentación requerida para a tramitación do Plan de Restauración no artigo 3, e así no seu apartado e) dise que «En los casos en que sea necesario trámite de evaluación de impacto ambiental del proyecto de acuerdo con la normativa vigente a tal efecto, justificación documental del cumplimiento de este trámite ante el organismo competente.»

O trámite de Avaliación de Impacto ambiental é necesario no caso do expediente de Cementos Cosmos no concello de Triacastela, polo que sen a xustificación do seu cumprimento non se pode tramitar o Plan de Restauración, e sen este, non se pode outorgar a concesión mineira.

Dado que a Dirección Xeral de Minas aprovou o Plan de Restauración sen a correspondente Avaliación de Impacto ambiental, o procedemento está viciado, e a sua resolución debe ser anulada.

DÉCIMO CUARTO: Que segundo o Real Decreto 1131/1988, de 30 de septiembre, por el que se aprueba el Reglamento para la ejecución del Real Decreto Legislativo 1302/1986, de 28 de junio, de Evaluación de Impacto Ambiental, obriga a someter a Avaliación de Impacto Ambiental os proxectos públicos ou privados consistentes na realizació de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no seu anexo, e segundo o punto 12 do mesmo,

«A los efectos del presente reglamento, se entendera por extraccion a cielo abierto aquellas tareas o actividades de aprovechamiento o explotacion de los yacimientos minerales y demas recursos geologicos que necesariamente requieran la aplicacion de tecnica minera y no se realicen mediante labores subterraneas.

Se considera necesaria la aplicacion de tecnica minera en los casos en que se deban utilizar explosivos, formar cortas, tajos o bancos de 3 metros o mas altura, o el empleo de cualquier clase de maquinaria.

Son objeto de sujecion al presente reglamento las explotaciones mineras a cielo abierto de yacimientos minerales y demas recursos geologicos de las secciones a, b, c y d cuyo aprovechamiento esta regulado por la ley de minas y normativa complementaria cuando se de alguna de las circunstancias siguientes:

-Explotaciones que tengan un movimiento total de tierras superior a 200.000 metros cubicos/año.

-Explotaciones que se realicen por debajo del nivel freatico, tomando como nivel de referencia el mas elevado entre las oscilaciones anuales, o que puedan suponer una disminucion de la recarga de acuiferos superficiales o profundos.

-Explotaciones de deposito ligados a la dinamica fluvial, fluvio-glacial, litoral o eolica, y depositos marinos.

-Explotaciones visibles desde autopistas, autovias, carreteras nacionales y comarcales o nucleos urbanos superiores a 1.000 habitantes o situadas a distancias inferiores a 2 kilometros de tales nucleos.

-Explotaciones situadas en espacios naturales protegidos o en un area que pueda visualizarse desde cualquiera de sus limites establecidos, o que supongan un menoscabo a sus valores naturales.

-Explotaciones de sustancias que puedan sufrir alteraciones por oxidacion, hidratacion, etc., Y que induzcan, en limites superiores a los incluidos en las legislaciones vigentes, a acidez, toxicidad u otros parametros en concentraciones tales que supongan riesgo para la salud humana o el medio ambiente, como las menas con sulfuros, explotaciones de combustibles solidos, explotaciones que requieran tratamiento por lixiviacion in situ y minerales radiactivos.

Extracciones que, aun no cumpliendo ninguna de las condiciones anteriores, se situen a menos de 5 kilometros de los limites previstos de cualquier concesion minera de explotacion a cielo abierto existente.

Asimismo estan sujetas al presente reglamento toda obra, instalacion o actividad secundaria o accesoria incluida en el proyecto de explotacion minera a cielo abierto. »

A actividade mineira a ceo aberto da que é obxeto esta reclasificación situase nun espacio natural protexido, o LIC Ancares-Courel da Rede Natura 2000. Ainda considerando que o perímetro da exploación non afecta a sua delimitación, esta actividade sempre será visible desde os seus límites establecidos.

Alén da lexislación ambiental da Rede Natura, tamén son espacios naturais protexidos os solos rústicos especialmente protexidos desde a lexislación urbanística, e ao se situar sobre eles dita explotación mineira, supón un evidente menoscabo aos seus valores naturais.

A ausencia da Avaliación de Impacto Ambiental, anula todos os requisitos que dela dependen, polo que a resolución do expediente non pode ser considerada válida, portanto debe ser anulada.

DÉCIMO QUINTO: Que segundo o Decreto 442/1990, de 13 setembro LG 1990\217 de Avaliacion de impacto ambiental para Galicia, estarán sometidas a Avaliación de Impacto Ambiental as actividades compredidas no seu anexo I, estando definidas no seu punto 12 «…las explotaciones mineras a cielo abierto de yacimientos minerales y demás recursos geológicos de las Secciones A, B, C y D cuyo aprovechamiento está regulado por la Ley de minas y normativa complementaria cuando se dé alguna de las circunstancias siguientes:

–Explotaciones que tengan un movimiento total de tierras superior a 200.000 metros cúbicos/año.

–Explotaciones de depósito ligados a la dinámica fluvial, fluvioglacial, litoral o eólica, y depósitos marinos.

–Explotaciones que produzcan impactos paisajísticos severos o críticos.

–Explotaciones situadas en espacios naturales protegidos o que supongan un menoscabo a sus valores naturales.

– Explotación de sustancias que puedan sufrir alteraciones por oxidación, hidratación, etc., y que induzcan, en límites superiores a los incluidos en las legislaciones vigentes, a acidez, toxicidad y otros parámetros en concentraciones tales que supongan riesgo para la salud humana o el medio ambiente, como las menas con sulfuros, explotaciones de combustibles sólidos, explotaciones que requieran tratamiento por lixiviación in situ y minerales radiactivos.»

É evidente que a actividade de Cementos Cosmos SA na sua actividade mineira a ceo aberto na sección C) obxecto deste expediente produce impacto paisaxístico severo ou crítico, e por se fora pouco, está situada nun espazo natural protexido e supón un menoscabo aos seus valores naturais.

A ausencia da Avaliación de Impacto Ambiental, anula todos os requisitos que de ela dependen, polo que a resolución do expediente non pode ser considerada válida, portanto debe ser anulada.

DÉCIMO SEXTO: Que neste expediente se prescindiru total e absolutamente dos procedementos legalmente establecidos e das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados, polo que segundo o Artigo 64 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, dito expediente pode ser considerado nulo de pleno dereito.

SOLICITAMOS

Que se teña por presentado o presente escrito ante o Departamento Territorial de Lugo do Servizo de Enerxía e Minas da Conselleria de Energia e Industria, que o mesmo sexa admitido a trámite e que, en consideración do anteriormente exposto, se proceda á inmediata ANULACIÓN da resolución do expediente nº 6043 correspondente á solicitude de reclasificación de explotación de recursos da sección A, denominada Monte Penedo número 3, como explotación de recursos da sección C, coa denominación de Don Isidro, abranguendo unha superficie de 12 cuadrículas mineiras, situadas no termo municipal de Triacastela, por parte da sociedade Cementos Cosmos, S.A.

Triacastela, 16 de marzo de 2012

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s