Proxecto de rede libre «guifi.net» en Triacastela

 

A Asociación Socio-Cultural O Iríbio, a través dun convenio de colaboración coa Ascociación Valongo de Samos, ven de solicitar ao Grupo de Desenvolvimento Rural da comarca de Sarria financiación dos fondos AGADER para un proxeto sen ánimo de lucro cun orzamento de 9.943,61€.

O proxecto consiste en crear un tramo de rede libre Guifi.net para dar cobertura ao concelho Triacastela e así conectar os vecinos e compartir servizos.

Guifi.net é unha rede libre, aberta e neutral. Xa conta con anos de experiencia e miles de usuarios que a usan compartindo contidos e custos. Unha rede disposta altruistamente a todo aquel que queira usala no seu beneficio.

O obxetivo deste proxecto é crear unha rede libre Guifi.net, e así conectar ós usuarios para que se unan dentro da rede entre si. Con este proxecto preténdese dinamizar tecnolóxicamente a zona, interconectando ós usuarios nunha intranet.Guifi.net non certifica nin garante ningún servizo, só interconecta ós usuarios. O aceso a esta rede é libre e gratuíto para todo o mundo.

Será necesario montar unha antena (supernodo) en Sarria, outra no pico de Santa Irene (monte Meda, Triacastela) e unha terceira no Chao do monte (Triacastela).

Estas antenas enviarán o sinal os receptores que se instalen nas vivendas que decidan adoptar este sistema.

Dentro desta rede a asociación irá creando unha serie de servizos aos que só teran aceso os socios da asociación, tódolos servizos teñen un carácter privado e só se podera aceder a eles mediante un usuario e contraseña. Por otra banda a asociación facilitará os trámites a todos aqueles que queiran facerse socios da asociación e así acceder a estes servizos.

O tipo de antenas que se usarán para montar esta infraestructura seran:

  • AirMax sector 2G – 16 – 90
  • Nanobridge modelo M5
  • Rocket modelo M2

Todos os radioenlaces utilizan frecuencias de libre espectro de 2,4 e 5 Ghz, e así ven indicado nas especificacións técnicas das antenas, todas estas antenas acatan a lexislación estatal vixente.

Para aclarar calquera dúbida sobre o proxecto guifi.net e como funciona adxuntamos unha presentación sobre este tipo de rede libre.

Este é un sistema similar aos xa existentes en Samos, no Courel, ou en Louseiro (Sarria).

guifi

 
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s