O Concello de Triacastela atende a nosa solicitude e paraliza a canteira

scale

Despois de termos solicitado onte, 27 de setembro, a paralización das actividades de Cementos Cosmos na canteira da Vilavella por carecer de licenza municipal, hoxe o Concello atendeu ás nosas exixencias e ven de ordenar a paralización de calquera obra ou actividade.

Hoxe ás 8:00 da mañá, 15 camións estaban a pé de carga para a prevista reanudación dos traballos despois de varios meses de inactividade na canteira por vontade da propia empresa, que hoxe tiña pensado retomar.

Non obstante, na entrada da canteira concentráronse os veciños e membros do antigo comité de empresa que se opoñían a esa reanudación da actividade, que finalmente non aconteceu ao acudir tamén Jesús Celeiro, o tenente-alcalde do Concello de Triacastela, coa correspondente orde de paralización inmediata, polo que a flota de camións tivo que dar a volta.

Esta é unha pequena victoria contra Cosmos, ainda que sospeitamos que a nosa luita non acaba aquí e van tentar obter a licenza municipal.

paralise_cosmos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s