Colectivos de ContraMINAcción colaboran connosco no conflicto de Cosmos

Dous colectivos integrados en ContraMINAcción presentaron xa cadanseu recurso de reposición contra a licenza concedida polo Concello, solicitando a súa suspensión inmediata. Nos vindeiros días presentaranse novos recursos por parte de outros colectivos desta rede na que estamos integrados.

Nos recursos, presentados polos colectivos Cova Crea e Petón do Lobo, exíxese a suspensión inmediata da licenza concedida á empresa Cementos Cosmos, así como a revisión da mesma, por entender que reviste o carácter de acto administrativo nulo de pleno dereito.

Desde os colectivos alegantes explican que o recoñecemento administrativo por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, limítase ao proxecto de explotación e plan de restauración vixente a 1 de xaneiro de 2003, non podendo ser obxecto de recoñecemento administrativo as ampliacións ou modificacións posteriores a esa data.

Castinheiro
Aldea de Castiñeiro, en Triacastela

Ao tratarse dun proxecto diferente do anteriormente aprobado (distinto nome, distintas concesións, maior envergadura, maiores impactos e incluso distinto tipo de recursos a explotar), precisaría, para ser levado a cabo conforme a lexislación vixente, da correspondente avaliación ambiental, así como da análise dos impactos directos e indirectos da actividade na área na que se desenvolve. Así pois, non se trata dunha simple regularización dunha actividade extractiva xa existente.

Desde ContraMINAcción queremos recordar á opinión pública que a explotación en cuestión atópase enriba da Cova de Eirós, onde se fixeron importantísimos achádegos arqueolóxicos, sendo considerada unha auténtica xoia da arte rupestre, ata o punto de ser bautizada como a “Atapuerca galega”.

As actividades mineiras danan gravemente este xacemento arqueolóxico, producindo filtracións de auga que danan as pinturas, así como as voaduras e detonacións no seu entorno inmediato, como o propio departamento de Patrimonio Cultural recoñece, a pesar de informar favoravelmente permitindo detonacións a só 50 metros da Cova de Eirós.

Tamén é necesario lembrar que esta mina se encontra sobre o leito fluvial do rio de Teixido, en Rede Natura nun ámbito con varias ducias de especies protexidas, no ámbito de protección do Camiño de Santiago, e afecta cinco aldeas e as vías de comunicación entre elas. A pesar diso, foi outorgada unha licenza sen avaliación dos impactos dun xeito totalmente irregular no procedemento e contra o máis elemental senso común.

Os colectivos Cova Crea e Petón do Lobo, ademais da nulidade da licenza, solicitan como medida preventiva, dada a importancia histórica desta parte do noso patrimonio, a paralización inmediata da explotación e a suspensión da autorización para o exercicio da actividade.

Outros colectivos integrados na rede ContraMINAcción preparan novos recursos de reposición que irán presentando nos vindeiros días.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s