O Concello outorga novamente a licenza a Cosmos

Despois que o Concello tivera anulado a licenza urbanística a Cementos Cosmos, novamente foi outorgada pola Alcaldía. Olga Iglesias, ante as dificuldades para outorgar dita licenza mediante aprovación en Pleno ou en Xunta de Governo, posiblemente por «disidencia» dun dos membros do seu propio partido, e contra o regulamento que ela mesma aprovara no inicio desta lexislatura, advoca as competencias de outorgamento de licenzas urbanísticas, e outorga licenza a Cementos Cosmos desde a Alcaldia tomando ela todas as responsabilidades.

Ao noso entender, a licenza continúa a ser un escándalo e nunca debería ser outorgada, polo que novamente presentaremos recurso de reposición contra ela.

Ademáis disto, os propios condicionantes da licenza non se están cumprindo, polo que lle reclamamos ao Concello que actúe, sancionando ou paralizando novamente a actividade, e ante a súa pasividade vímonos obrigados a denunciar estes feitos noutros organismos.

Todo este asunto demostra que o Concello de Triacastela antepón os intereses dunha empresa privada aos intereses dos viciños, ao medio ambiente, ao patrimonio, e a todo.

licenza 2ª

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s