Por culpa do Concello, temos que renunciar ao proxecto de Guifi.net

A Asociación Sociocultural O Iríbio, a través dun convenio de colaboración coa Ascociación Valongo de Samos, tiña solicitado ao Grupo de Desenvolvimento Rural da comarca de Sarria financiación dos fondos AGADER para un proxeto sen ánimo de lucro cun orzamento de 9.943,61€, e dita solicitude foi concedida, asignándonos ese diñeiro para a execución do noso proxecto.

O proxecto consistía en crear un tramo de rede libre Guifi.net para dar cobertura ao concelho Triacastela e así conectar os vecinos e compartir servizos mediante unha rede libre, aberta e neutral, que xa conta con anos de experiencia e miles de usuarios que a usan compartindo contidos e custos. Unha rede disposta altruistamente a todo aquel que queira usala no seu beneficio.

Esa era só a primeira fase do que a nosa asociación pretendía, pois esa era a infraestructura para crear servizos sobre ela: videoconferencia e telefonia IP, unha radio e unha TV local via streaming, bibliotecas de ebooks e todo tipo de contidos, etc, etc.

Era necesario montar unha antena (supernodo) en Sarria, outra no pico de Santa Irene (monte Meda, Triacastela) e unha terceira no Chao do monte (Triacastela). As probas técnicas realizadas deron un resultados espectaculares, ou sexa, a rede no pior dos casos superaría unha velocidade de 110MB por segundo reais, e aumentando nodos e conectando con outras redes, poderíase duplicar ou triplicar iso.

Non obstante, falamos en pasado deste proxecto, porque hoxe tivemos que renunciar a este proxecto e á subvención coa que se ía financiar porque o Concello de Triacastela nos denegou o permiso para montar as antenas.

Para o Concello non tiña ningun custo, era totalmente legal e non presentaba absolutamente ningunha contrapartida que xustificase esa decisión, ao contrario, sería un grande benefício para os veciños, sería un proxecto pioneiro que situaría Triacastela na vanguarda tecnolóxica, e até harmoniza totalmente coas promesas eleitorais da alcaldesa, que só con asinar un documento tería cumprido unha delas.

Pero como este concello non se governa para os viciños, senón para os amigos dos alcaldes, o proxecto deixaría sen mercado aos seus amigos empresarios de Intermax, que estafan á xente deste concello con un sistema de 6MB por segundo teóricos, que na realidade son 800Kbps, e a un prezo mensual de máis de 36 euros, mediante uma rede Wimax, tecnolóxicamente nefasta, e que ademáis está subvencionada e debería ser gratuíta, pero a empresa cobra aos usuarios e fai un grandísimo negocio.

A decisión do concello non só nos impide realizar este proxecto, senón que practicamente nos veta a solicitude de calquera outro no GDR e o acceso a fondos europeos do AGADER, pois o feito de renunciar á subvención que xa tíñamos concedida penalízanos para obter calquera outra.

Dos 8 millóns de euros para a comarca de Sarria que había no GDR para o período de tempo 2006-2014, só nós apresentamos un proxecto en benefício da comunidade e sen ánimo de lucro que é considerado «non productivo» e que obtén o financiamento do 100%, e tendoo concedido temos que renunciar por culpa dos intereses dunha empresa privada e dos políticos que no concello de Triacastela están ao seu servizo.

Debe saber todo o mundo que no Concello de Triacastela, nin se fai nin se deixa facer, se é algo positivo, pero para desfeitas…. barra libre!

guifi

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s