NOVOS REVESES PARA CEMENTOS COSMOS EN TRIACASTELA

Denuncia no SEPRONA

Recheo no cauce do que antes era o rio de TeixidoA Asociación Socio-Cultural O Irbibio denunciou recentemene ante o SEPRONA as actividades e obras ilegais na explotación a ceo aberto de Cementos Cosmos en Triacastela que invaden a zona de policía de 100 metros de dous cauces fluviais do dominio público hidráulico. Tamén se denunciaron vertidos ilegais nos cauces, incumplimentos das condicións das concesións de aproveitamento de augas e vertidos outorgadas «ás escondidas» pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil anos atrás e que só recentemente os veciños descubriron a sua existencia. Así mesmo se denuncia o non respeitaren os caudais ecolóxicos deixando totalmente seco o cauce do rio de Teixido, así como obras de entubado e recheios nel. Curiosamente, ás poucas horas de se interpor esta denuncia, a empresa comezou a retirar os recheios que cortaban o cauce antes da inspección dos axentes do SEPRONA, presuntamente ante algún «aviso dun amigo» desde este organismo.

Tamén se esixiu á Confederación Hidrográfica a execución de expedientes sancionadores ante denuncias anteriores que «misteriosamente» este organismo deixou caducar. Ante a nova denuncia, terán que incoarse novamente.

Alegacións ao expediente de regularización de ilegalidades

ExpedienteNo contexto destas denuncias por delitos ambientais nos cauces fluviais, Cementos Cosmos solicitou ante a Confederación Hidrográfica iniciar un expediente de regularización das suas obras e actividades ilegais, así como de autorización das instalacións que invaden a zona de protección dos cauces onde está expresamente prohibido construílas.

A tramitación deste procedemento administrativo, como sempre acontece en todo o referente a esta empresa, está cheo de irregularidades: non se notifica aos afectados nen se somete a información pública correctamente, non se publica nos boletins oficiais tratando de tramitar desde o obscurantismo, non existe copia do expediente nos lugares que se di que está disponíbel para consulta pública, téntase que pasen os prazos para que ninguén alegue no expediente, etc. A pesar disto, a ASC O Iríbio esixiu e obtuvo copia do mesmo, e conseguiu examinalo e facer as oportunas alegacións en tempo e forma.

En dito expediente, as ausencias de documentación ou falsidade da mesma son escandalosas, así como un informe urbanístico da Técnico Municipal do Concello de Triacastela. Como é habitual, todo son trapalladas en todo expediente administrativo onde Cosmos anda envolta.

Ante a contundencia das alegacións formuladas por esta asociación, a solicitude de Cosmos debería ser fulminantemente denegada. Non obstante, en caso de que iso non aconteza, a ASC O Iribio probabelmente leve aos tribunais non só un asunto contencioso-administrativo, senón tambén os delitos penais de prevaricación e falsidade documetal dos que existen claros indicios. Unha e outra vez se observa como os organismos públicos actuan irregularmente en beneficio dos intereses desta empresa privada e contra o ben xeral.

Novo revés xudicial ante un veciño

sentenzaNa campaña de acoso nos tribunais contra os veciños opositores á súa actividade, Cosmos tiña interposto varias demandas contra José Horacio Rio Lago (tamén é socio da ASC O Iribio), unha delas «demanda de deshaucio» en duas fincas deste veciño das cales Cosmos se atribue a propiedade despois de supostamente teren sido expropiadas nos anos 70. Ademáis disto, pretendía duros castigos económicos contra esta persoa, reclamando 18.000€ en concepto de interposición de costas do proceso. En decembro do ano pasado, este veciño gañou este xulgamento, como outras anteriores por outros supostos delitos que tamén se demostrou seren falsos. Non obstante, Cementos Cosmos, como xigante multinacional con grandes recursos económicos e potentes equipas de advogados, apelou nos tribunais.

Recentemente foi ditada sentenza sobre esa apelación, onde a Audiencia Provincial de Lugo a desestima e novamente dá a razón a José Horacio Rio Lago, ao considerar que Cosmos non demostra posuir a propiedade que se atribue en base a esa suposta expropiación.

As sentenzas deste litixio son de grande relevancia para outros muitos veciños aos que supostamente tamén se simoulou que se lles expropiaban as terras, das que hoxe di ser propietaria Cosmos, e especialmente para varios deles aos que esta empresa tamén enviou «burofax de deshaucio» ante a negativa a abandonaren as suas atividades agrícolas nelas, tal como tiña acontecido com José Horacio.

Contencioso contra a licenza urbanística

licenza 2ªA ASC O Iribio presentou nos tribunais recurso contencioso-administrativo para anular a licenza outorgada pola Alcaldesa de Triacastela á mina a ceo aberto de Cosmos en Triacastela, logo de ser anulada por falta de quorum na Xunta de Governo ao non contar co voto dun dos seus compañeiros de partido, e novamente outorgada meses mais tarde trás advocar a alcaldesa as competencias de outorgamento de licenzas e concedela desde a Alcaldia, saltando o Pleno e a Xunta de Governo.

Esta demanda nos tribunais acontece despois de ter se esgotado a via administrativa coa desestimación por parte do Concello do recurso de reposición que dita asociación tamén presentara contra esta licenza. Neste contencioso da ASC O Iribio contra o Concello de Triacastela, a empresa Cementos Cosmos tamén se persona contra a asociación.

Entre tanto este asunto non se resolve nos tribunais, a empresa continúa a incumprir flagrantemente os condicionantes postos polo Concello en dita licenza, e novamente ante a pasividade da admistración ante eses feitos. Tamén a asociación estuda iniciar accións xurídicas contra esta deixadez das suas funcións e trato de favor a esta empresa.

Non obstante, existen xa en curso novas accións administrativas e xurídicas contra os abusos desta empresa, das que informaremos en breve….

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s