Quen somos?

Son fins principais da asociación:

  • Defensa e protección do medio ambiente, do patrimonio natural e cultural en xeral.
  • A defensa da serra do Iribo considerándoa como un activo económico da zona polo seu valor ecolóxico, paisaxístico e cultural.
  • Apostar polos valores expostos anteriorente para fomentar ó desenvolvemento económico, cultural e social da zona.
  • Reivindicar contraprestacións socioeconómicas para a vecindade que se vexa afectada por planes protectores dos habitats naturais por ser unha forma racional de conservar o patrimonio ecolóxico e a estabilidade demográfica.
  • Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
  • Colaborar con todas aquelas entidades que pretendan os seus mesmos obxectivos
  • Promover cantas actividades redunden en beneficio dos fins que se propón.


Podes ler aquí os nosos estatutos